REVISTA ABRIL

Sonrías Baixas

03ago(ago 3)19:3008(ago 8)00:00Sonrías BaixasFESTIVAIS E FEIRAS| Prezos varios19:30 - 00:00 (8)(GMT+02:00) Bueu

Detalles do eventos

O festival que leva o nome das nosas rías é outro dos que mudaron de formato, ofrecendo case unha semana de concertos, do 3 ao 8 de agosto, en diferentes lugares de Bueu. Este cambio afecta á cantidade, pero non á calidade da proposta, que volve contar con nomes de primeiro nivel como Ciudad Jara, Kase.O, La M.O.D.A. ou La Pegatina. A denominación de orixe do país queda patente nas actuacións de Sabela, Sés e Sondarúa. Ademais de boa música, a gastronomía e a praia complementan o atractivo desta cita que se vén convocando desde hai case dúas décadas.

A proposta de programación desta serie de actuacións, que propón a promotora PlayPlan, xurde como resposta aos retos que tanto o contexto sociosanitario actual como o cumprimento da normativa vixente de prevención da covid-19 plantexan. Así, a dirección do SonRías Baixas, logo de explorar e analizar diversas posibilidades, optou finalmente por adiar a edición de 2020 para o verán de 2022 e, no seu lugar, ofrecer un ciclo de concertos impregnado polo espírito SonRías. 

Deste xeito, SonRías Baixas dobrará a súa aposta pola celebración de eventos ao vivo e ampliará a duración da programación do SonRías Baixas, que pasará de ter tres a un total de seis xornadas de concertos. Esta opción permite a PlayPlan programar dúas actuacións ao día e ofrecer unha experiencia festivaleira que garanta a seguridade de público e artistas no contexto sociosanitario actual; ademais de favorecer o coñecemento do Destino SonRías, no que as e os asistentes poderán explorar as espectaculares paisaxes e praias da contorna, degustar a gastronomía da zona ou mesmo navegar pola ría.

Os concertos do ciclo SonRías Baixas 2021 terán lugar en horario nocturno. A xornada inaugural, o martes 3 de agosto, contará coa música e cantareira Sés, que regresará aos escenarios galegos para presentar o seu último disco, Liberar as arterias. Previamente, o dúo TéCanela avanzará, co dinamismo e bo rollo que caracteriza a Ariadna Rubio e Jano Fernández, algúns temas do seu vindeiro traballo discográfico. O mércores 4 de agosto será a quenda de Ciudad Jara, na primeira actuación que o novo proxecto de Pablo Sánchez -líder e compositor de La Raíz- fará en Galicia, e Tu Otra Bonita, que se suma por vez primeira ao cartel do SonRías para dar a coñecer o seu cuarto álbum, Crema.

Ao día seguinte, o xoves 5,  ISEO & Dodosound, revisarán acompañados de The MouseHunters algúns dos seus éxitos e darán a coñocer algúns cortes inéditos do álbum que publicarán proximamente; mentres que a música e compositora Travis Birds presentará por vez primeira nas Rías Baixas o seu segundo e aclamado álbum, La Costa de los Mosquitos

Xa de cara á fin de semana, o ciclo arrancará o venres 6 coa actuación de Sabela. A cantante, quen no 2019 non dubidou en subir ao escenario do SonRías para actuar con La Pegatina, dará a coñecer o seu álbum debut, Despedida. A noite pecharase con La M.O.D.A., que regresan ao SonRías dous anos despois para presentar Ninguna ola, un álbum ateigado de vida e producido por Raül Refree co que se consolidan como unha das bandas de referencia no panorama musical estatal. 

O sábado 7 será o día grande do festival e terá o rap como protagonista. O mítico Kase.O subirá ao escenario do SonRías co seu Jazz Magnetism, disco do que se celebra este 2021 o seu 10º aniversario e cuxo espectáculo é un dos máis aclamados da historia da música do rap hispano. A noite completarase co Eterno Combate do grupo de rap galego SonDaRúa, que tamén se estrea no cartel do  SonRías Baixas.

O peche deste edición terá lugar o domingo 8 de agosto da man de dúas bandas que xa pasaron por Bueu en anteriores edicións do SonRías Baixas, con grande acollida entre o público, e que achegarán unha proposta divertida e festiva: Muerdo e La Pegatina, unha das bandas máis queridas polo público do festival. Con elas, que presentan os seus novos directos, a festa final no SonRías Baixas 2021 está garantida.

Máis

Hora

3 (Martes) 19:30 - 8 (Domingo) 00:00(GMT+02:00)

Localización

Bueu

Bueu, Pontevedra

Other Events