ASNEVES
REVISTA MAIO

Joaquín Pajarón "Aquí...Supercentrau"

26abr21:00Joaquín Pajarón "Aquí...Supercentrau"ESPÉCTACULOs | Desde 14,40 €21:00(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

O humorista Joaquín Pajarón, icono na comedia asturiana contemporánea, desembarca en Vigo e Pontevedra co seu último monólogo “Aquí…Supercentráu”. Un espectáculo de case dúas horas de duración cargado de situacións cotiás, experiencias vitais e reflexións sobre o mundo levadas sobre as táboas a través da hilarante narración do “showman” ovetense.

Tras o éxito de “En demasía”, espectáculo co que visitou cidades como Oviedo, Madrid, Santander, Bilbao, León, Pamplona, Xixón, Pontevedra ou Zamora, Joaquín Pajarón trae a Vigo e Pontevedra a súa nova creación, “Aquí… Supercentráu», un espectáculo de humor baseado no formato “stand up comedy”, no que o cómico conecta desde o minuto uno co público, para contaxiarlles risas nunha escenificación que non esquece o toque asturiano en cada detalle.

Entradas

Máis

Hora

(Venres) 21:00(GMT+02:00)