
16xuñ(xuñ 16)17:30'Soño de Navegante'ARTE E MUSEOS | De balde(xuño 16) 17:30 Sede Afundación
Detalles do eventos
A partir dun proxecto en colaboración coa Colección de Arte Cubano Contemporáneo Luciano Méndez Sánchez e a Fundación Salamanca Ciudad de Cultura y Saberes, preséntase «Sueño de navegante»,
'Soño de Navegante'
A partir dun proxecto en colaboración coa Colección de Arte Cubano Contemporáneo Luciano Méndez Sánchez e a Fundación Salamanca Ciudad de Cultura y Saberes, preséntase «Sueño de navegante», unha exposición conformada por cincuenta e sete obras pertencentes a esta importante colección. Estruturada en catro seccións, o director do proxecto, Juan Carlos Moya Zafra, e as dúas comisarias, Yadira de Armas e Ana Gabriela Ballate, concibiron unha exposición enfocada a reflectir a identidade propia da arte actual en Cuba, en relación coas influencias tricontinentais (africana, latinoamericana e europea) dunhas creacións impactantes nos seus formatos, o seu expresionismo e na poesía da súa linguaxe.
De entre a relevante nómina de creadores cubanos presentes na mostra, cómpre destacar a presenza dos catro piares de referencia da arte contemporánea na illa: Roberto Fabelo, Manuel Mendive, Pedro Pablo Oliva e Alfredo Sosabravo, os catro merecedores do Premio Nacional de Artes Plásticas, condecoración que outorga cada ano o Ministerio de Cultura da República de Cuba, e con importante recoñecemento dentro e fóra da illa. A estes súmanselles outros importantes artistas, de ampla traxectoria ou noveis, representados a través dunha selección de obra multidisciplinar: pintura, fotografía, escultura, audiovisual, instalación e outras técnicas mixtas para unha exposición diversa, intensa e de gran beleza.
DATAS: Do16 de xuño ao 29 outubro (agosto pechado)
HORARIO: Luns a Sábado 17.30 a 20.30 h; Domingos e festivos pechado.
ENTRADA: Gratuíta
Máis

Xuño 16 (Xoves) 17:30
Sede Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra