agosto, 2020

14ago18:0023:30Sona Gaifar: Russinha + dll.Outro + Viktor Flores + Certain PeopleCONCERTOS | De balde18:00 - 23:30 Espazo Dunas de Gaifar (Nigrán)

Detalles do eventos

Tra-la excelente acollida da primeira data do ciclo Sona Gaifar, celebrada o pasado 10 de xullo, o vindeiro venres 14 de agosto terá lugar a segunda e última sesión do verán 2020 deste evento sonoro, promovido polo Concello de Nigrán, novamente no Espazo Dunas de Gaifar, que ven acollendo múltiples actividades de lecer e cultura nesta tempada estival, e revélase coma un escenario ideal para os atardeceres xunto ó mar, así coma para acoller a artistas e público.

O ciclo propón unha selección de músicos e DJ’s destacados de toda Galicia, coa atención tamén a artistas de Nigrán. O evento está pensado máis coma unha sesión de escoita que de baile, atendendo á realidade na que estamos inmersos nesta ‘nova normalidade’. A segunda sesión de Sona Gaifar terá como convidados a catro proxectos de artistas galegos, especializados coma selectores musicais de longo percorrido, dentro e fora das nosas fronteiras.

Russinha, nome artístico da compostelá Marta Gilino, é unha DJ consolidada na escena de clubes galega e habitual de diferentes cabinas de Santiago e outras cidades, ademais de festivais coma ou prestixioso WOS compostelán. A súa proposta de electrónica tribalista, afro-house e sons tropicais, abrirá a tarde en Sona Gaifar.

Dll. Outro é un inquedo activista da música electrónica. Foi impulsor das sesións de culto Zodiac durante unha longa estancia en Madrid, na que tocou nos mellores clubes da capital, ademais de editar un disco no prestixioso selo discográfico Drivecom de Boris Divider. Incansable coleccionista de vinilos, volveu recentemente á súa terra e agora difunde a súa proposta sonora dende Nigrán.

Tamén estará Viktor Flores, DJ nigranés que este ano celebra os seus 25 anos nas cabinas. Residente e programador do añorado clube vigués Vademecwm, foi co- fundador do Festival Sinsal, e exerce coma programador e xestor cultural para diversas marcas e institucións. Pasou a súa música polas principais cabinas e festivais de España, Portugal e outros países, e é o DJ galego que máis veces actuou no prestixioso festival barcelonés Sónar.

Pecharán a sesión a dupla Certain People, formada por Jose González e Manuel Gómez. Co seu selo e promotora Certain Music, levan varios anos promovendo eventos en toda España, as noites Certain Club, convidando a artistas destacados da escena internacional, con sesións fixas en clubs de prestixio coma Siroco ou Berlín Clube en Madrid, ademais de ser invitados nos mellores clubes da península. Dende ou seu selo discográfico, veñen editando discos de artistas relevantes do panorama internacional. A entrada ó evento é de balde ata completar aforo. Haberá unha distribución de cadeiras e mesas para que os asistentes poidan mante-la distancia de seguridade, ademais de cumpli-los protocolos de seguridade vixentes.

Compartir

Máis

Hora

(Venres) 18:00 - 23:30

Localización

Espazo Dunas de Gaifar (Nigrán)

X