SON DAS FLORES

20out20:00SON DAS FLORESCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

Este xoves 20 de outubro, ás 20 horas, terá lugar no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV) o Acto de Apertura do Curso Académico 2022-2023. Neste evento farase entrega dos Premios Extraordinarios Fin de Grao Superior do alumnado titulado no curso 2021-2022. Tamén terá lugar un pequeno homenaxe ao profesorado xubilado ao final do último curso.

A segunda parte do acto estará protagonizada pola orquestra infantil viguesa “Son das flores”, un proxecto pioneiro en Galicia nacido no CEIP Vicente Risco de Teis que ten como premisa converter á música nunha ferramenta de transformación social.

O Coro do CSMV pechará cunha breve intervención este acto, no que esperamos estar acompañados de autoridades procedentes de institucións locais, autonómicas e eclesiásticas.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events