REVISTA ABRIL

Solpores da Rebullón: Os John Deeres

25ago21:00Solpores da Rebullón: Os John DeeresCONCERTOS | Caixa inversa21:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Hard rock en galego da man dos John Deeres nos Solpores da Rebullón. Caixa inversa.

Os John Deeres levan 15 anos facendo hard rock en galego. O grupo estradense, composto na parte instrumental por Xermán Bernárdez, José Carbia, Marcos A. Muíños e Manuel Reices, acaba de completar a formación coa fichaxe de Vane García á voz.
Logo de publicar “8” (2013) e “20-20” (Free Code Jazz, 2017), Os John Deeres editan, en plena pandemia, “Cinzas”, un EP gravado no local de ensaio con distintas colaboracións e con portada do tamén estradense Alberto Cardona. “Cinzas” son catro temas reciclados a partir de ideas antigas que significan unha continuidade entre o pasado e o futuro da banda, un punto e seguido para continuar con novos proxectos.

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events