CAMELIAS MASCOTAS

Solpor Monteferro: Saguar, Family Folks e Tonichi y Pacheco

26ago19:30Solpor Monteferro: Saguar, Family Folks e Tonichi y PachecoCONCERTOS | De balde19:30(GMT+02:00) Miradoiro de Monteferro

Detalles do eventos

Solpor Monteferro regresa esta fin de semana como despedida do verán nigranés. Trátase da primeira ocasión en que, ademais de en xullo, se celebra en agosto. A entrada, coma sempre, é de balde. Os protagonistas desta nova edición, que terá lugar venres 25 e sábado 26 desde as 19.00 horas e de xeito gratuíto, serán: Visions of Johanna Band,
Two Many Villains
e Blue Monk na primeira xornada, eo músico madrileño Saguar, Family Folks e Tonichi e Pacheco na segunda.

A música está de volta no mellor escenario do mundo, o miradoiro de Monteferro, coa sexta edición do Festival Solpor Monteferro, os días 25 e 26 de xullo. Tal como surxiu en 2017, o obxectivo permanece inalterado: gozar ao aire libre nun entorno privilexiado, no miradoiro de Monteferro, un escenario de fronte ao Atlántico que regala as vistas máis impactantes. Neste enclave singular, diante das Illas Estelas, entre as caricias da brisa mariña e os aromas do mar e da montaña, a caída do sol ofrece unha oportunidade para vivir experiencias musicais enriquecedoras.

Un xeito único de gozar dun concerto, prestando atención ao noso contorno e mergullándonos no ritmo das ondas e nas mellores actuacións en directo.

Venrnes 25 agosto

Visions of Johanna Band 20:00 a 21:00 h
Two Many Villains 21:30 a 22:40 h
Blue Monk 23:00 a 00:10 h

Visions of Johanna: (nome tomado dunha canción de Bob Dylan) comezou como un proxecto de Paul Clarke e Jorge Lorenzo xurdido durante o verán de 2020. Despois dun tempo actuando como dúo no verán de 2022 pasan ao formato grupo coa incorporación de Mario Rivergood ao baixo e Jose Calvo á batería. Ecos de The Beatles, Bob Dylan, The Jayhawks ou Neil Young. O disco e a banda foron presentados en directo o 5 de novembro de 2022 na sala
Sinatra de Vigo. Durante 2023 continuaron presentando en directo os temas do seu disco, publicaron o seu primeiro videoclip, foron gañadores do concurso de bandas Rock in Río Tea e formaron parte do cartel do mesmo festival.

Two Many Villains: é o proxecto de 4 músicos vigueses, unidos no 2020 pola súa paixón, para crear e desenvolver temas que conteñan esencias de todo o que nos gusta: desde o pop dos 60′ ao rock dos 70′, pasando polo soul, o country, o funky ou a música indie. De todo o bo hase de aprender. Melodías atractivas, fondos de guitarras coidadas, arranxos potentes de baixo e batería, segundas voces, coros e sós como os que apenas se escoitan xa neste século XXI.

Blue Monk:trío formado por Alejandro Vilas (Batería), David Prego (Baixo) e Pablo Prego (Guitarra e voz), reconocidos músicos do Valmiñor que nun formato de power trío, fan versións de grandes temas da historia do Rock and Roll levándoos ao seu terreo e dando un show de auténtica enerxía rockeira !!

Sábado 26

Saguar 20:00 a 21:15
Family Folks 21:30 a 22:40
Tonichi y Pacheco 23:00 a 00:00

Saguar: Crees que existen persoas que che cambian a vida? para Saguar, Eric Clapton. Un artista convertido en lenda sendo case un adolescente. Escoitar os temas do album «Unplugged», o transformáron para sempre. Como guitarrista e cantante leva anos en bandas de versións virando por toda a Península. Membro da Greenwich Village como cantante e guitarrista (banda residente da sala Honky Tonk), xunto a músicos da talla de Basilio Marti (pianista de Antonio Vega,Los Secretos, etc, etc) Formou dúo xunto a Joel Reyes e Nat Simons. Participou na gravación das guitarras en “De Dioses y hombres” e “Sargento de Alambre”. Colaborou con Pablo Martin (a 3a República) formando dúo acústico.
Actualmente en promoción do seu álbum “Stories Vol.1” de son tradicional americano (englobado no estilo “Americana”).. une o country- folk nas súas composicións xunto a texturas de coros e voces da artista Gaudea.

Family Folks: No seu último traballo “Naufrage” a banda viguesa Family Folks continúa perpetuando un legado infestado de música de raíces cun alto contido de pop, psicodelia, country, blues e unha ostensible actitude rock and roll con reminiscencias dos sesenta e setenta a través de catorce magníficos temas. Unha vez máis, co mar como protagonista nunha clara alegoría ao inevitable proceso de morte e renacemento en todas as ordes da vida, a banda formada por Bosco Hill (voz, acustica, banjo e mandolina) , Rubén Suárez (voz, guitarra eléctrica e acústica, mandolina e banjo), Xabier Vieitez nos teclados,Jorge Lorre baixo e coros, Rufus o Porco na batería e coros, dan a luz un traballo que consolida unha traxectoria marcada por unha evolución constante, cun espírito máis eléctrico e mesmo experimental, onde instrumentos que adoitaban formar parte do catálogo sonoro da banda en anteriores traballos, ceden protagonismo e son substituídos por teclados, guitarras eléctricas ou mesmo o Theremin, presente nalgúns temas, consolidando unha nova e interesante proposta sonora nun directo que non deixa indiferente ao público.

Tonichi y Pacheco: Diego Pacheco e Xiñor Tonichi son dúas músicos con sobrada experiencia e recoñecemento no panorama musical nacional, con 20 anos de experiencia ás súas costas e incontables concertos. Percorreron escenarios por todo o mundo e compartido táboas con artistas da talla de: Manu Chao, James Brown, Emir Kusturika, Kiko Veneno, Coque Malla, Raimundo Amador, Los Enemigos,Los Secretos, e un longo etc. O seu espectáculo conta cunha parte instrumental, na que deixan clara a súa calidade musical con temas dos grandes guitarristas de sempre, como Django Reinhardt , Paco de Lucía, ou clásicos tradicionais como Zorba o Grego e Lles Yeux Noirs; e outra parte cantada, na que o
espectáculo crece aínda màs en intensidade e festa, con moitos temas coñecidos por todos, nos que o pùblico implícase ràpidamente. Flamenco, Jazz, Bossa Nova, Manouche, Pop, Rumba, Rancheira… Virtuosismo, calidade e diversión. Un espectáculo absolutamente para todos os públicos. “Un pracer para todos os sentidos” »

Máis

Hora

26 agosto, 2023 19:30(GMT+01:00)

Localización

Miradoiro de Monteferro

Monteferro, 36340 Panjón, Pontevedra

Other Events