bannerGaliciaIlusiona
bannerLatitudes

02xul19:00Solpor Monteferro: Nicolás Pastoriza, Le Voyeur e Los CacikesCONCERTOS | De balde19:00 Miradoiro de Monteferro

Solpor Monteferro: Nicolás Pastoriza, Le Voyeur e Los Cacikes

O venres 1 e o sábado 2 de xullo volve a música ao vivo a Monteferro. Os concertos como sempre, serán á tardiña para gozar do solpor sobre o Atlántico. Ademais, este ano o festival recupera a súa esencia e os concertos volven ser gratuítos e de libre acceso sen necesidade de reservar convite.

O venres suben ao escenario de Nigrán as bandas Wonder Covers, Hash Tag Band e Isius e o sábado Nicolás Pastoriza, Le Voyeur e Los Cacikes. Ambos días a partir das 19h e haberá postos de comida e bebida para que a experiencia sexa perfecta.

Tal e como xurdiu en 2017, o obxectivo é gozar ao aire libre nunha contorna privilexiada, no miradoiro de Monteferro, un palco proxectado de fronte ao Atlántico sobre o máis grandioso dos escenarios. Neste enclave único, fronte ás Illas Estelas, entre as caricias da brisa mariña e os aromas de sal e monte, a posta de sol permitirá vivir realidades musicais aumentadas. Unha forma distinta de gozar dun concerto, cos cinco sentidos postos na contorna e sumando o ritmo das ondas e das mellores actuacións en vivo.

Máis

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Miradoiro de Monteferro

Monteferro, 36340 Panjón, Pontevedra

X