
Sociedade Filarmónica de Vigo: Brais González
Detalles do eventos
Despois dunha longa pausa de seis meses por razóns sanitarias, está a piques de comezar a nova tempada 2020-2021 da Sociedade Filarmónica de Vigo. Será o luns 21
Detalles do eventos
Despois dunha longa pausa de seis meses por razóns sanitarias, está a piques de comezar a nova tempada 2020-2021 da Sociedade Filarmónica de Vigo. Será o luns 21 de setembro ás 20:00 horas no Auditorio Afundación, co concerto do pianista Brais González interpretando as Variacións Goldberg, de Johann Sebastian Bach.
Na sala de concertos garantirase o cumprimento de todas as normas sanitarias e de aforo, co que non poderán entregar programas de man. De todos os xeitos, a través da súa web poderase consultar e descargar as notas ao programa e a biografía do intérprete. O enlace tamén está dispoñible premendo aquí.
Máis
Hora
21 setembro, 2020 20:00(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra