COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

'Sobrevivindo'

19abr19:30'Sobrevivindo'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

Presentación do novo libro ‘Sobrevivindo’ da escritora Arantza Portabeles. Será no Corte Inglés este martes 19 de abril ás 19:30h, acompañando á autora estará o escritor Diego Giráldez.

Val Valdes presentouse no ano 2000 a un programa de telerrealidade, do que saíu vencedora e rica. A partir dese momento, convertese nunha empresaria da que apenas se coñece a súa vida privada. Alternando pasado e presente, Sobrevivindo tece unha trama de intriga arredor da súa protagonista: unha muller que loita contra si mesma e contra o resto do mundo. Sobre o pano de fondo dunha miríade de personaxes secundarios, a novela vai deixando ao descuberto a noiva adolescente, a alumna, a esposa, a viúva, a nora, a nai, a xefa, a reclusa e a empresaria de exito. Val Valdes descomponse en múltiples pezas a traves dunha traxectoría vital apaixonante que avanza sen tregua e sen acougo. Corresponde ao lector xuntalas nunha busca que o levará a coñecer o misterio arrepiante escondido detrás desta muller trinfadora e, ao tempo, eternamente derrotada.

Máis

Hora

19 abril, 2022 19:30(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events