REVISTA ABRIL

“SÓ NIN SE RI, NIN SE CHORA” DE AMADEO COBAS

28out20:30“SÓ NIN SE RI, NIN SE CHORA” DE AMADEO COBASACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:30(GMT+01:00) Aula D

Detalles do eventos

O mércores 28 de outubro (20:30 horas) terá lugar a presentación do libro Só nin se ri ,nin se chora de Amadeo Cobas editado por Editorial Elvira, acto no que participarán o autor e o editor Xabier Romero. A presentación, que terá lugar na Escola de Deseño Aula D (Elduayen 36 -1), cumprirá estritas medidas de seguridade provocadas pola COVID-19, polo que será necesario confirmar asistencia no correo editorialelvira@gmail.com.

So nin se ri nin se chora é unha novela que se desenvolve nunha zona costeira de Galicia, que comeza no enterro de Breixo Besbello. A partir de aí a súa neta vai contándonos a historia da familia do seu avó, nun escrito no que domina a retranca. Non falta a crítica á sociedade, á política e a moitos dos sucesos do día a día, sempre con ese humor tan galego. Como galega é tamén a lingua que quere reflectir o autor, sendo fiel ao uso da gheada e seseo tan típico da zona. O libro ten dúas edicións: unha de tapa branda e outra especial de tapa dura, de só 100 exemplares, que estarán numerados, asinados e contarán cunha sorpresa no interior.

Máis

Hora

(Mércores) 20:30(GMT+01:00)

Localización

Aula D

Rúa Elduayen, 36, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events