
14mai12:00Sintomas FestCONCERTOS | Desde 10,00€12:00(GMT+02:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
Festa de todo o día na Sala Rebullón. Entradas: Anticipadas 10€ (Á venda na Cantina das Pedriñas, na cervexería Nós e en internet a través de Entradium cun
Detalles do eventos
Festa de todo o día na Sala Rebullón. Entradas: Anticipadas 10€ (Á venda na Cantina das Pedriñas, na cervexería Nós e en internet a través de Entradium cun enlace que deixaremos nos comentarios) e en billeteira 12€.
Capítulo 1: O rico vermú.
Amenizado por Garza que é o proxecto de música electrónica de Adrian Charlin onde escoitaredes a súa fusión musical con estilos coma o ambient, trip hop, deep, tradi, etc. E a estrea do grupo de Xan Perez , coñecido artista da escea musical tradicional galega, integrante da banda de Xisco Feijoo que vai estar acompañado por moitos músicos de renome pertencentes a outras bandas coma Pelepau , Xisco Feijoo , Carlos Soto Castijazz.
Hai a opción de comer churrasco feito polo gran mestre de cerimonias Cao de Mos . Para iso é preciso reservar mandando un correo a reservasrebullon@gmail.com
Capítulo 2: Chega a distorsión.
Unha unión Arousa-Muros que despois de moito tempo falando, por fin podemos xuntar forzas. Deleiba e Doen estaremos tocando a partir das 20h dentro da Sala Rebullón. Un concerto cargado de moitísima enerxía, emoción e moito guitarreo! Doen veñen romper estruturas, e aportar cousas novas dentro da escena galega. Unha experiencia de directo tanto musical coma visual.
Máis
Hora
14 maio, 2022 12:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual