Sinsal propón unha xornada musical e divulgativa no Porto de Vigo

25xul20:30Sinsal propón unha xornada musical e divulgativa no Porto de VigoFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 15,00€20:30(GMT+02:00) Tinglado del Puerto de Vigo

Detalles do eventos

 Unha nova xornada dedicada aos océanos como as grandes vías de divulgación e riqueza cultural será o punto de partida da nova edición do festival Sinsal SON Estrella Galicia. O xoves 25 de xullo, o porto de Vigo será o espazo que acolla o Escenario Océano, a iniciativa posta en marcha no 2023 da man de Sinsalaudio e Kaleido Logistics, alianza que se mantén viva coa intención de favorecer e visualizar a relación entre a diversidade cultural e o patrimonio industrial vigués. A xornada acollerá unha visita guiada polos terreos portuarios, que se abren deste xeito á cidadanía; un coloquio e, como peche, o concerto do grupo musical de fusión Ombligo, liderado polos madrileños Anika e Ángel Cáceres.

Programa do Escenario Océano

A xornada do 25 de xullo comezará ás 20.30 horas cunha visita guiada ao porto vigués, espazo estratéxico de gran valor económico e social para a cidade. Concretamente, as e os asistentes visitarán as instalacións de Kaleido Logistics situadas nos terreos portuarios, zona na que cada día acontece unha parte moi relevante da actividade industrial da cidade e que, en ocasións, resulta descoñecida para a súa veciñanza. 

O público, dividido en catro grupos, realizará un percorrido guiado a través dos materiais e grandes bloques de granito presentes nesa zona portuaria. Durante a visita, cuxo acceso e saída será a través do ‘Tinglado’ do porto, as e os asistentes achegaranse á xeoloxía deses monolitos xigantes, ao proceso loxístico que transcorre ata que chegan ao chan vigués e outros detalles da actividade industrial local. A actividade finalizará cunha pequena conversa e cunha intervención musical singular no peche, a partir das 21.45 horas, que chegará da man do dúo madrileño Ombligo, caracterizado pola fusión estilística; e no que, polos seus temas, flúe o folclore balcánico, o bolero ou mesmo o jazz contemporáneo.

As entradas para acceder ao Escenario Océano do Festival Sinsal SON Estrella Galicia, cuxa actividade se desenvolverá a partir das 20.30 horas do 25 de xullo, están dispoñibles a partir de 15 euros (máis gastos de xestión) a través da plataforma en liña www.enterticket.es. Polas características do espazo de realización da actividade -zona de actividade industrial-, a organización non recomenda a asistencia de menores á mesma, convida a levar calzado cómodo e pechado, e lembra que non estará permitido fumar nas instalacións portuarias. Para máis información o festival Sinsal SON Estrella Galicia, pódese visitar http://festival.sins.al.

Entradas

Máis

Hora

25 xullo, 2024 20:30(GMT+02:00)

Localización

Tinglado del Puerto de Vigo

Estrada Porto, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events