
20mai21:30Sinsal Primavera: IvankovàCONCERTOS | 15,00 €21:30 MARCO
Detalles do eventos
O festival Sinsal Primavera celebrarase na fin de semana do venres 19 e sábado 20 no MARCO e na Sala Radar. O evento contará este ano cunha programación
Sinsal Primavera: Ivankovà
O festival Sinsal Primavera celebrarase na fin de semana do venres 19 e sábado 20 no MARCO e na Sala Radar. O evento contará este ano cunha programación conformada por cinco proxectos de vangarda liderados por mulleres chegadas de distintos puntos da Península Ibérica, Suíza e Turquía. O Sinsal Primavera é a primeira cita do ano de Sinsalaudio, que suma á xa anunciada nova edición do Festival Sinsal, que se celebrará na illa de San Simón do 21 ao 23 de xullo.
PROGRAMACIÓN VENRES 19.
- Angélica Salvi (España) | MARCO. Venres 19, 20:30 horas
- Ece Canli (Turquía) – MARCO. Venres 19 ás 21:30h
PROGRAMACIÓN SÁBADO 20
- Superorganismus (Suiza) – MARCO. Sábado 20 ás 20:30h
- IVANKOVÀ (España)
Ivankovà é o proxecto en solitario da artista e compositora madrileña Irene de la Cueva. As súas creacións agroman a través de estruturas repetitivas que se converten en mantras deseñados para xerar atmósferas determinadas e convidar así ao público a transitar por paisaxes nas que os sintetizadores, a voz e os sons electrónicos xerados a partir da transformación de sons orgánicos son protagonistas.
Sábado 20 ás 21:30h no MARCO
Entradas á venta. (sirve para o concerto de Superorganismus + Ivankovà)
- Ana Lúa Caiano (Portugal) – Sala Radar. Sábado 20 ás 23h
Máis

(Sábado) 21:30
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra