VIALIA
bannerPicnicSesions

Sinsal Primavera: Angélica Salvi

19mai20:30Sinsal Primavera: Angélica SalviCONCERTOS | 15,00 €20:30(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

O festival Sinsal Primavera celebrarase na fin de semana do venres 19 e sábado 20 no MARCO e na Sala Radar. O evento contará este ano cunha programación conformada por cinco proxectos de vangarda liderados por mulleres  chegadas de distintos puntos da Península Ibérica, Suíza e Turquía. O Sinsal Primavera é a primeira cita do ano de Sinsalaudio, que suma á xa anunciada nova edición do Festival Sinsal, que se celebrará na illa de San Simón do 21 ao 23 de xullo.

PROGRAMACIÓN VENRES 19.

  • ANGÉLICA SALVI (España)

Angélica Salvi é unha arpista española que reside en Porto (Portugal) desde o 2011. Dedícase á improvisación dentro da música contemporánea e da electroacústica, explorando varias técnicas de preparación e amplificación do instrumento na procura de novos timbres e sonoridades. A arpista convida ao público a mergullarse nas súas vivencias emocionais e espirituais, empregando as mesmas para escribir o guión dun soño.

Venres 19, 20:30 horas no MARCO.

Entradas á venta. (sirve para os dous concertos do día)

  • Ece Canli (Turquía) – MARCO. Venres 19 ás 21:30h

PROGRAMACIÓN SÁBADO 20

  • Superorganismus (Suiza) – MARCO. Sábado 20 ás 20:30h

  • Ivankovà (España) – MARCO. Sábado 20 ás 21:30h

  • Ana Lúa Caiano (Portugal) – Sala Radar. Sábado 20 ás 23h

Máis

Hora

(Venres) 20:30(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events