VIALIA
bannerPicnicSesions

Sinatura 'Galegas nas artes', de Isabel Blanco

14dec19:00Sinatura 'Galegas nas artes', de Isabel BlancoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

A avogada viguesa Isabel Blanco firmará o seu novo libro “Galegas nas artes” o14 de decembro na libraría, planta 5ª de El Corte Inglés.

Un percorrido polas rutas biográficas de 21 mulleres galegas do mundo das artes plásticas e visuais: fotógrafas, pintoras e escultoras —nacidas entre o final do século XIX e a metade do século XX—, que se internaron no eido das artes coa forza do seu talento e o seu espírito de liberdade. 

Isabel Blanco (Vigo, 1962)

Tras gañar diferentes concursos literarios, en 2012 publicou o seu primeiro libro de relatos, Historias de almas inquietas (Belagua, 2015), ao que lle seguiron Los mundos ajenos (Belagua, 2015) e o poemario en galego Verbas cum (Belagua, 2015) ilustrado pola artista Irene Silva Xiráldez.

É autora, ademais, da biografía novelada María Vinyals, un talento rebelde (Belagua, 2018); coautora, xunto á ilustradora Luz Beloso, da colección Rosaura (Belagua, 2018) de álbumes ilustrados infantís (As receitas de Rosaura, Rosaura e o mar e Rosaura, cesteira de Mondariz).

A súa última obra é Galegas na ciencia (Belagua, 2021), ilustrado por María Lapido.

Licenciada en Dereito, exerce en Vigo como avogada especializada en Dereito Matrimonial e de Familia, en violencia de xénero e menores.

Mércores 14 ás 19:00

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+01:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events