COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Sinatura 'El Mono Poeta', do Dr. Jorge Cameselle

19dec19:00Sinatura 'El Mono Poeta', do Dr. Jorge CameselleACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

O Dr. Jorge Cameselle asina o seu libro ‘El Mono Poeta. Metamorfosis de un médico e investigador del cáncer de mama’ o 19 de decembro na librería do Corte Inglés.

Cando o Dr. Cameselle comezou a escribir ‘El Mono Poeta’ pretendía deixar un sinxelo testemuño aos médicos máis novos, á súa familia e aos seus amigos, dalgunhas das dificultades que tivo para superar, durante décadas, para poder compatibilizar o exercicio da medicina clínica coa súa vocación como investigador. A pesar das facilidades actuais que proporcionan: a historia clínica electrónica, as procuras bibliográficas mediante internet ou os modernos paquetes informáticos para a análise estatística; os/as médicos/as e enfermeiros/as que desexen realizar investigación clínica van tropezar, na actualidade, cunhas barreiras absurdas. A través da súa autobiografía, o autor-médico e investigador do cancro de mama, reflexiona sobre estes problemas e suxire algunhas solucións para incentivar e mellorar as investigacións científicas no ámbito da saúde.

Jorge Cameselle Teijeiro (Vigo, 1960) é Doutor en Medicina e Cirurxía. Académico Correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Especialista en Anatomía Patolóxica. Director do Grupo de Investigación en Oncoloxía Clínica ADICAM. Dirixiu múltiples Teses Doutorais en Medicina, todas cualificadas con Sobresaliente Cum Laude. Director e Guionista de Cinema Médico. Director dos Certames Internacionais de Cinema Médico Videoprimaria e do programa da TVG ‘Centro de Saúde’. Áreas de investigación preferentes: Cancro de Mama, Xenética Clínica e Enfermidades Raras. É co-autor de máis de 50 artigos médicos en revistas médicas internacionais. Recibiu numerosos Premios Nacionais e Internacionais polas súas investigacións sobre cancro de mama e polos seus documentais científicos. Na actualidade, traballa como médico “interino” no Punto de Atención Continuada de Cangas do Morrazo.

Luns 19 ás 19:00

Máis

Hora

19 decembro, 2022 19:00(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events