REVISTA ABRIL

Sinatura 'A conxura dos sete', de Miguel Anxo Fernández

26dec19:00Sinatura 'A conxura dos sete', de Miguel Anxo FernándezACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

Miguel Anxo Fernández asina o seu libro “A conxura do sete” o 26 de decembro na librería de El Corte Inglés.

A CONXURA DOS SETE
O detective Frank Soutelo, acompañado do estricado funerario Sugar Jones, regresa a Galicia a petición da investigadora Dalia Maxino, que recibe o insólito encargo de atopar a mítica espada de Santiago, agachada durante séculos, e seica torada en sete anacos a comezos do século XIX, para impedir que a roubasen os napoleónicos. Seica a queren para os fastos do próximo Xacobeo. Aos poucos, o profesor da manda desaparece misteriosamente, e resultará que a valiosa espada interesa tamén a xentes sen escrúpulos e fins sinistros, mentres asoman os cadáveres. O sarxento da municipal, Franeiras, e o antigo garda civil Poncio, sumaranse ao desafío coa eficacia acostumada. Ao tempo que Frank pecha un segredo familiar oculto durante anos, enrédase nunha conxura argallada desde o poder das elites na sombra, mentres a Policía non semella moi conforme coas súas pescudas.

MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ (O Carballiño, 1955)
Doutor en Comunicación audiovisual, investigador e teórico cinematográfico, está vencellado desde finais dos anos setenta ao desenvolvemento do audiovisual galego, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no 2001. En 2012 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu labor a prol da creación audiovisual. É profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo. No eido da ficción publicou O sabre do francés (2002) e Capitol, última sesión (2004), ademáis da triloxía sobre o detective Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006); Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame Frank (2013), O espido de Gina (2014), Un dente sen cadáver (2016) e Blues para Moraima, Premio Blanco Amor 2016.

Luns 26 ás 19:00

Máis

Hora

(Luns) 19:00(GMT+01:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events