
09dec20:00Sin datos no hay paraísoESPECTÁCULOS | Desde 15,00€20:00 Auditorio Teatro Afundación
Detalles do eventos
Catro estrelas da comedia en redes sociais xúntanse para presentar en exclusiva mundial o seu primeiro espectáculo de comedia en vivo.El Cejas, Car de Lorenzo, Xurxo Carreño
Sin datos no hay paraíso
Catro estrelas da comedia en redes sociais xúntanse para presentar en exclusiva mundial o seu primeiro espectáculo de comedia en vivo.
El Cejas, Car de Lorenzo, Xurxo Carreño e Animalize21 xuntan entre os catro máis de 19 millóns de seguidores. Se todos os seus followers decidisen vir ver o show, a cola chegaría ata Sebastopol, así que
non o deixes para o último día. Cada un deles, por separado, son referentes en Instagram, en Youtube ou en Tiktok e agora temos a ocasión de ver aos catro en vivo sobre un escenario.
Sen datos non hai paraíso —the laif expiriens— é un show teatral con forma de programa de televisión no que se mesturan as linguaxes de Youtube, Instagram e Tiktok. El Cejas ten, por primeira vez, o seu propio
Late Night, o seu propio show, e alí visitarano unha impredicible fauna de invitados que tratarán de sorprendelo con sketches, monólogos, vídeos, dobraxes e cancións. Todo en vivo, todo en directo e todo no Auditorio Municipal de Ourense.
Trátase dunha festa na que Car de Lorenzo, El Cejas, Xurxo Carreño e Animalize21 son os anfitrións, unha festa para atoparse con todos os seus seguidores. Un encontro no que pode pasar calquera cousa porque unha festa de verdade ha de ser como o Quixote, que todo o mundo sabe como empeza, pero ninguén como acaba.
Venres 9 ás 20:00
Entradas á venda en www.ataquilla.com
Máis

(Venres) 20:00
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n