COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Simant Dúo

05mar19:00Simant DúoCONCERTOS | Desde 6,00€19:00(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

Simant Dúo aúna os talentos de dous grandes intérpretes do panorama español. O trompetista Rubén Simeó e o pianista Antonio Morant iniciaron este proxecto co lanzamento do seu primeiro disco, ‘New Way’, en 2019, e a sinerxia dos seus sons foi recibida con entusiasmo por públicos de toda Europa desde entón. Con este novo lanzamento quixeron expandir os límites tradicionalmente impostos a un dúo destas características, rompendo barreiras entre xéneros e espremendo as capacidades sonoras de ambos os instrumentos.

Skyward’ é o segundo disco de estudo de Simant Dúo no que expresan o seu afán por celebrar e honrar influencias musicais de todo tipo. Trátase dunha colección de homenaxes a grandes temas desde a década dos 70 ata hoxe, versións onde as melodías orixinais foron reinventadas en distintos contextos e estilos. O dúo rodeouse de grandes artistas para levar a cabo este periplo musical. Exemplo diso son as colaboracións de dous iconos internacionais como o trompetista de jazz cubano, Arturo Sandoval e o virtuoso violinista libanés Ara Malikian.

Domingo 5 ás 19h no Teatro Afundación.

Entradas á venta.

Máis

Hora

5 marzo, 2023 19:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events