“SILVERIO RIVAS. MENTE-MATERIA”

14ago(ago 14)20:0017xan(xan 17)21:00“SILVERIO RIVAS. MENTE-MATERIA”ARTE E MUSEOS | De balde(agosto 14) 20:00 - (xaneiro 17) 21:00(GMT+02:00) Casa das Artes

Detalles do eventos

Dispoñible ata o 17 de xaneiro.

Silverio Rivas, Mente / Materia é unha exposición que ofrece unha síntese do traballo que Silverio Rivas (Ponteareas, 1942) vén realizando nos últimos cincuenta anos. Comisariada por Javier Pérez Buján, a exposición ofrece unha cartografía da súa traxectoria, partindo dunha estudada ocupación do espazo, estruturado a partir de tensións provocadas pola utilización de diferentes escalas, texturas, orientacións e cromatismos que van modulando o ritmo do seu percorrido. Mente / Materia mostra a preocupación de Silverio Rivas polo equilibrio entre ideas opostas como gravidade / levidade; baleiro / cheo; interior / exterior; xeométrico / orgánico, ideas que van configurando un corpus artístico que atopa a súa razón de ser na exploración dos límites expresivos e plásticos, evidenciando un pensamento utópico que xera novas relacións entre obxecto e suxeito.

  • De luns a venres.- De 18:00 a 21:00 h.
  • Sábados.- De 12,00 a 14,00 e de 18:00 a 21:00 horas
  • Domingos e festivos.- De 12,00 a 14,00 h.

Máis

Hora

Agosto 14 (Venres) 20:00 - Xaneiro 17 (Domingo) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Casa das Artes

Policarpo Sanz, 15, Vigo

Other Events