REVISTA ABRIL

 'Siete días siete noches' con Orisel Gaspar

26abr19:30 'Siete días siete noches' con Orisel GasparACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Ateneo Atlántico

Detalles do eventos

O mércores 26 de abril temos unha nova sesión de “Unha película con…”. Neste caso contamos coa actriz cubana Orisel Gaspar, protagonista da película que nos presenta: Siete días siete noches, do director Joel Cano. O acto terá lugar ás 19.30 horas no local do Ateneo Atlántico.

Nesta ocasión convidámosvos a visualizar xuntos a película cubana Siete días siete noches dirixida por Joel Cano, da man da súa protagonista, Orisel Gaspar.
Siete días siete noches conta a historia de tres mulleres de distintas clases sociais que entrecruzan as súas vidas durante unha semana na Habana. Son tres destinos que a cámara segue no seu deambular urbano nun retrato musical e dramático á vez, con todo o carácter dunha das cidades máis belas e intensas do mundo. María, é unha campesiña que perde o seu fillo en circunstancias pouco claras; Norma é a presentadora dun telexornal; Nieves traballa nun matadero clandestino de porcos e soña con chegar a ser bailarina.

Siete días siete noches aborda a vida cotiá destas tres mulleres, figuras simbólicas de resistencia á violencia cotiá e ao machismo, que non atopan outro recurso que endurecerse.

A película que hoxe temos oportunidade de ver recibiu diversos premios en festivais de Europa e Asia, destacando entre eles o Globo de Oro (Montgolfière d’Or) na 44 edición do Festival des 3 Continents, de Nantes, Francia no 2003.
Tamén foi seleccionada para o festival de San Sebastián o mesmo ano, na súa sección cine en construcción.

Máis

Hora

(Mércores) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Ateneo Atlántico

Rúa do Doutor Cadaval, 17-b 36202 Vigo Pontevedra

Other Events