VIALIA
PLAYDOC

SESIÓN ESPECIAL DE VÉRSAME

18abr20:00SESIÓN ESPECIAL DE VÉRSAMEESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

“VÉRSAME – ESPAZO ABERTO” celebra o seu primeiro medio ano de vida e faino cunha sesión especial que vai ter lugar este xoves 18 de abril no local da Asociación Cultural Évame Oroza.

VÉRSAME é un espazo no que cabe a poesía, o relato, cancións e outras manifestacións artísticas nunha sorte de micro aberto ao que están convidadas todas as persoas que queiran participar mostrando o seu traballo. A cita será o 18 de abril, ás 20:00 horas, e para poder participar sobre o escenario abonda con anotarse previamente no propio local. E tamén podes acudir como público para gozar con todas e todos os artistas presentes.

VÉRSAME – ESPAZO ABERTO é un evento que arrincou a finais do verán do ano 2023 en Vigo. É un espazo aberto á poesía, o microrrelato, o microteatro, as artes gráficas e a música. Os seus fundadores foron Pablo Vila e Pedro Román e agora se incorporaron Susi de Latorre e Alba Enríquez. A primeira edición de Vérsame celebrouse o 30 de xullo de 2023 no Café Uf Negra Sombra, lugar onde se reúnen unha vez ao mes para sorprender e mostrar o traballo de novos e vellos creadores. Nestas citas mensuais contan con tres artistas en cartel e un convidado que mostra a súa obra. Ademais, ata seis artistas poden rexistrarse na propia sala antes do comezo da sesión.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events