VIALIA

Sementae

06set13:30SementaeACTIVIDADES PARA O COCO | De balde13:30(GMT+02:00)

Detalles do eventos

Primeiro seminario sobre Selección de textos feministas de linguas non hexemónicas para a tradución

Neste seminario contaremos coa Dr. N. Manimekalai de Támil Nadu, Daryl Leyesa das Filipinas e a Caridade Valcourt de Haití, ademais de con María Reimóndez e a moderación de Susana Sánchez Aríns, presidena de Implicadas no Desenvolvemento. Ademais de presentarse o proxecto, as participantes debaterán sobre os criterios de selección de textos feministas nas súas linguas para traducir no marco dun proxecto como SEMENTÆ. Así, tratarán temas como a oralidade/textos escritos, períodos históricos de escrita feminista nas súas comunidades lingüísticas, outros proxectos de tradución previos e contactos con outras comunidades feministas a través das fronteiras lingüísticas.

O debate será moderado por Susana Sánchez Aríns, presidenta de Implicadas no Desenvolvemento. Haberá interpretación ao galego, inglés e francés e a participación é aberta, nada máis cómpre facer clic neste enlace:
https://us02web.zoom.us/j/89480425288

Máis

Hora

(Luns) 13:30(GMT+02:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!