
Detalles do eventos
A xira de europea dos brasileiros SEMBLANT recala na Sala Rebullón de Mos. Ademais da banda brasileira, tamén actuarán os italianos False Memories, os finlandeses
Detalles do eventos
A xira de europea dos brasileiros SEMBLANT recala na Sala Rebullón de Mos.
Ademais da banda brasileira, tamén actuarán os italianos False Memories, os finlandeses As I May, os xermanos Dying Phoenix e os canadenses Striker nunha única data especial: domingo, 17 xullo de 2022 na Sala Rebullón (Mos- Pontevedra)
Semblant é unha banda brasilera de death metal melódico formada en 2006 na cidade de Curitiba polo vocalisa Sergio Mazul e o tecladista J. Augusto. O grupo actualmente forma parte do catálogo de artistas da discográfica de David Ellefson (Megadeth) que relanzou mundialmente o segundo album da banda, Lunar Manifiesto, aclamado pola crítica. Acompañando a esta banda teremos 4 máis que farán tremer os pilares da Rebullón.
Striker é unha banda de heavy metal gañadora do Premio JUNO con sede en Canadá que creceu inmensamente ao longo dos seus anos. Unha mestura clásica de heavy metal, hard rock e hair metal dos 80.
False Memories formáronse en Italia, e tamén da man de Frontiers Music, a banda achegará o seu persoal Dark Metal progresivo a Mos coa gran Rossella Moscatello ao fronte.
Os finlandeses As I May son un dos grupos destacados do metal melódico escandinavo. “Karu” é o seu novo álbum, o terceiro en só seis anos, onde demostran a súa gran calidade musical.
E por último, dende Berlín, o metal sinfónico de Dying Phoenix, que nos ofrecen o seu álbum de debut producido por Oliver Palotai de Kamelot.
Entradas a venda en: HONKY TONK (Vigo) e PUB TRANSILVANIA (Vigo)
Máis
Hora
17 xullo, 2022 19:30(GMT+02:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
- Mes actual