
Detalles do eventos
Exposición coas obras de Xesús Carballido, artista galego nado no Carballiño en 1954, cuxo traballo é absolutamente inconfundible, peculiar e estraño. Carballido emprega todo tipo de pequenos obxectos
Detalles do eventos
Exposición coas obras de Xesús Carballido, artista galego nado no Carballiño en 1954, cuxo traballo é absolutamente inconfundible, peculiar e estraño. Carballido emprega todo tipo de pequenos obxectos para crear as súas obras, desde tipos de imprenta a cunchas mariñas, ferros forxados, restos de xoias, etiquetas de produtos comerciais e mil cachivaches máis; construíndo con todo iso minimundos que nos trasladan a lugares misteriosos, pero tamén coñecidos, como gardados nos recunchos da nosa memoria.
A mostra estará dispoñible ata o domingo 1 de novembro, na Sala de exposicións temporais do Segundo edifico do Museo do Mar de Galicia e no horario de apertura habitual do Museo:
Luns: Pechado
Martes a venres: 10-14 e 17 a 19
Sábados, domingos e festivos: 11-14 e 17-20
Máis
Hora
23 setembro, 2020 10:00 - 1 novembro, 2020 19:00(GMT+02:00)
Localización
Museo do Mar
Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual