Parrulas Fest: Asacocirco + Circanelo

19ago20:00Parrulas Fest: Asacocirco + CircaneloPEQUERRECHOS| De balde 20:00(GMT+02:00) A Foz, Ramallosa

Detalles do eventos

O Concello de Nigrán ofrece desde o mércores 18 ao sábado 21 de agosto a segunda edición do Parrulas Fest no esteiro de A Foz da Ramallosa, festival producido desde a cooperativa Charlatana e dirixido a público infantil e familiar. Nesta ocasión, a cita presentada esta mañá na propia localización contará con dez das mellores compañías galegas de artes escénicas (maxia, circo, acrobacias, teatro e outras disciplinas) e coa maga, actriz e show-woman xerezana Lola Mento como artista convidada desde Andalucía. Todas as actuacións serán a partir das 20:00 horas (a maiores as dúas de venres e sábado ao mediodía para primeira infancia) e, coma no 2020, contará con aforo limitado e demais medidas de seguridade Covid-19.

Así, Parrulas Fest arrancará o mércores 18 con Brais das Hortas (‘Contos para caghar patatillas’) e Patty Diphusa (‘Superharte’); xoves con Asacocirco e Circanelo; venres con Tropa de Trapo a mediodía e, na sesión vespertina, con Duende Circo (‘Pallaso Total’) e Pajarito (‘Isolada’) e, finalmente, sábado con O Mago Paco a mediodía e pola tarde Lola Mento e a gala a favor de Pallasos sen Fronteiras.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

A Foz, Ramallosa

Paseo Torrente Ballester, 56, 36370 Nigrán, Pontevedra

Other Events