VIALIA
bannerPicnicSesions

Sección infantil do Festival de Cine Inclusivo

16out12:00Sección infantil do Festival de Cine InclusivoPEQUERRECHOS | De balde12:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

No seu afán de achegar a sétima arte a todos os públicos a sexta edición do Festival de Cine Inclusivo incorpora unha sección familiar na programación deste ano. O evento cinematográfico que terá lugar na nosa cidade do 12 ao 16 de outubro quere sementar nos pequenos da casa o interese polo audiovisual cunha proxección de curtas que se desenvolverá o sábado 16 no Museo MARCO.

En total proxectaranse oito curtas nas que se tratan temas tan variados como o respecto pola natureza e os animais, as desigualdades, os complexos ou os ciumes. Este mini festival de cine familiar nace co claro obxectivo de inculcar valores positivos nas crianzas como o traballo en equipo, a tolerancia, a conciencia medioambiental ou non discriminación.

Todas as proxeccións do Festival de Cine Inclusivo son gratuítas e o acceso realízase por orde de chegada ata completar o aforo. Esta sesión de curtas para público familiar desenvolverase no Museo MARCO o sábado 16 a partir das 12 do mediodía.

Curtas que se proxectarán:

Morgan, la orca valiente (Marcos Martín Muñoz)
Morgan, unha valente orca, tras sufrir un accidente perde a súa familia na inmensidade do océano. Na súa viaxe chea de desafíos e de aventuras coñece a novos amigos que lle axudan a atopar unha nova familia e un novo fogar. Historia baseada en feitos reais.

Nacer (Roberto Valle)
España, 1994. Carlos é un neno que descobre que vai ter un irmanciño. A noticia marabíllalle pero co paso dos meses todo cambia para el… Entón chega o día do parto e Carlos debe enfrontarse a emocións que non coñecía.

Oddity (Anna Juesas García y Germán Chazarra Moreno)
En Oddity, un extravagante e destartalado circo, Tom preséntase ao casting da súa vida. Está decidido a ser o próximo pianista, pero Irene e Irina non llo porán fácil. Señoras e señores, que comece o espectáculo!

Packing a wave (Edu Glez)
Unha moza náufraga chega en estado inconsciente ao que parece unha paradisíaca illa deserta. Tras espertarse, explora a illa e decátase de que é un vertedeiro.

Reflejo (Juan Carlos Mostaza)
Clara é unha nena de 9 anos cunha visión distorsionada da realidade. Caerá nun pozo do que só poderá saír con esforzo e a axuda das persoas que a rodean.

Refugio (Juan Antonio Moreno)
Destiny non quere volver atrás e foxe coa axuda da súa amiga Paulina mentres todos dormen. No medio da noite, escapan do medo ata atopar o seu refuxio

Roberto (Carmen Córdoba González)
15 anos pasaron e Roberto segue namorado da súa veciña, aínda que ela prefire esconderse avergoñada do seu corpo. Coa súa arte e unha vella corda de tender como única forma de comunicación, Roberto ten un plan para conseguir que a súa amada se enfronte aos seus monstros dunha vez por todas.

Máis