VIALIA
PLAYDOC

'Se pudrió todo'

13abr20:30'Se pudrió todo'ESPECTÁCULOS | Desde 16,00€20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

Facu Díaz volve actuar cinco anos despois do seu último show en solitario. O mozo e extremadamente talentoso cómico, coñecido por escribir persoalmente as sinopses dos seus espectáculos, volve á estrada cun monólogo cargado de observacións que achegan entre cero e nada, propias dunha persoa con moito tempo libre. Cambio climático, crises internacionais, pandemias, extremismos, e demais cuestións que atormentan á maioría dos mortais parecen ser os ingredientes que utiliza o comediante uruguaio para este show. Imprudencia? Seguramente Frivolidade? Desde logo que si. Ánimos de polemizar e conseguir outro proceso xudicial para chamar a atención? O certo é que seguramente o estea desexando.

“É o show ao que lle dediquei máis tempo e preparación” asegura o humorista en declaracións a si mesmo. “Se pudrió todo” é unha radiografía nesgada, imprecisa e deformada da realidade. De conformidade co establecido na normativa 420/1312 relativa ás sinopses de espectáculos humorísticos, finalízase este texto co obrigatorio “Vascho a perder?”

O xoves 13 de abril ás 20:30 horas no Teatro Afundación. Entradas aquí.

Máis

Hora

(Xoves) 20:30(GMT+02:00)