Festa 'swap' PeluqArt
11nov13:00Festa 'swap' PeluqArtFESTIVAIS E FEIRAS | De balde13:00(GMT+01:00) La de Julio
Detalles do eventos
Sara García creou en 2012 PeluqArt, unha perruquería ubicada na rúa Couto Piñeiro, que é moito máis que un centro de peiteado; é un espazo que, como o
Detalles do eventos
Sara García creou en 2012 PeluqArt, unha perruquería ubicada na rúa Couto Piñeiro, que é moito máis que un centro de peiteado; é un espazo que, como o propio nome suxire, lávanse, córtanse e peitéanse cabeleiras, pero sobre todo, foméntase que de cada cabeza que por alí pasa aflore a arte. No 2021 Sara decidiu pór rumbo a Berlín creando alí un segundo PeluqArt e mantendo sempre a conexión co local de Vigo a cargo de Alba e Tania.
Esta semana Sara volve a Vigo e como non podía ser doutro modo quere celebralo montando un sarao a altura das circunstancias. O próximo sábado día 11, organiza unha festa ‘swap’ en sesión vermú en La de Julio (Ronda de Don Bosco, 23). Non faltará a música a través da que se fusionará Vigo con Berlín. O funcionamento do ‘swap’ é moi sinxelo, cada persoa debe levar como máximo tres prendas que queira intercambiar. Unha maneira orixinal e sostible de renovar o armario e dar unha nova vida a esa roupa que xa non empregamos. por suposto haberá comida e bebida e moita emoción!
Máis
Hora
11 novembro, 2023 13:00(GMT+01:00)
Localización
La de Julio
Rúa da Ronda de Don Bosco, 23
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes