VIALIA
bannerPicnicSesions

Arte que vén ao pelo

Sara García, máis coñecida como Sara PELUQart, é unha das mentes máis inquietas da cidade. En 2012 abriu na rúa de Couto Piñeiro un salón de peiteado  moi pouco usual: PELUQart, un espazo que, como o propio nome suxire, lávanse, córtanse e peitéanse cabeleiras, pero sobre todo, foméntase que de cada cabeza que por alí pasa aflore a arte. Desde o local dáselle apoio a unha boa conta de propostas artísticas e culturais. Sara é mecenas do Teatro Gorrilla que os sábados enche de propostas vangardistas e suxerintes o escenario de La Casa de Arriba; é impulsora das festasde permuta téxtil en La de Julio; e tamén colabora en numerosas exposicións, feiras e eventos que combinan deseño e vangardismo, dúas trazas que a definen cando empuña as tesoiras. Primeiro escoita e logo corta. O peiteado fala de nós, por iso esta peiteadora pon todo o empeño en crear algo único, que identifique á persoa no momento vital en que se encontre.

REVISTA ABRIL

A localización deste salón non é casualidade. Na mesma rúa, 40 anos antes, a súa nai, coñecida como Sarita, rexentaba unha perruquería de barrio. A nosa Sara, criouse entre tesoiras e cores e atopou nas súas bonecas e nos seus irmáns os aliados perfectos para soltar o pelo da creatividade. O corte artístico é evidente nada máis atravesar a porta de PELUQart. O peiteado vólvese aquí un proceso de introspección, os prexuízos elimínanse a tesoiradas, para que a arte medre nas nosas cabezas!

Datos de contacto:

[Esta entrevista pertence á revista A movida de Decembro de 2019. Se queres comezar a recibir un exemplar na túa casa, apoiar o noso proxecto e participar en numerosos sorteos, faite #AMOVIDALOVER nesta ligazón. ]