COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

SANNY + MENTAH + FEED THE PET

01xuñ21:00SANNY + MENTAH + FEED THE PETCONCERTOS | 10,00€21:00(GMT+02:00) El Contrabajo

Detalles do eventos

SANNY é unha artista viguesa cun pé nos primeiros anos de Bob Dylan e no “Nebraska” de Bruce Springsteen e con outro en artistas indie contemporáneas como Phoebe Bridgers e Sharon Van Etten. En 2023 gana o premio de CUAC FM a mellor banda galega. Actuará coa banda ao completo.

MENTAH é un Power Duo de Ferrol. A súa música é unha mestura de indie-rock, emocore, punk… Cancións que gustarán aos seguidores dos sons dos 90. Entre as súas influencias poden estar grupos como The Cure, Hüsker Dü, Rites of Spring, Sanny Day Real State, New End Original, Rival Schools, Karate. Nestes momentos atópanse presentando o seu segundo LP “Empty”, editado por Radix Records.

FEED THE PET, banda orixinaria de Ferrol que atopa a súa inspiración en grupos indie-rock das décadas dos 90/00, tales como Karate, American Football, Nada Surf… A súa música caracterízase polas súas melodías pegadizas e partes instrumentais envolventes.

Máis

Hora

1 xuño, 2024 21:00(GMT+02:00)

Localización

El Contrabajo

Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events