VIALIA
bannerPicnicSesions

Samaín en Matamá

30out17:3023:59Samaín en MatamáAS NOSAS FESTAS | De balde17:30 - 23:59(GMT+01:00)

Detalles do eventos

A Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de Matamá, celebrará a popular festa de Samaín o domingo 30 de Outubro.

A celebración comezará ás 17.30 horas cun concurso de calacús e sobremesas, e o pasadizo de medo para os máis pequenos da casa.

Ás 20.00 horas poderase gozar da actuación de Cé Orquestra Pantasma e levará a cabo a repartición de castañas asadas.

Ás 21.00 horas procederase á entrega de premios do concurso e será a quenda para os adultos de gozar do pasadizo de medo. Para finalizar a xornada, a partir das 22.00 horas haberá un baile con Dj.

Os asistentes poden participar coa organización do evento deixando un donativo.

Máis

Hora

(Domingo) 17:30 - 23:59(GMT+01:00)