
Detalles do eventos
Descubre as salinas romanas de Vigo. Unha das grandes citas coa arqueoloxía en Vigo é Salinae: un interesante percorrido pola única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano.
Salinae
Descubre as salinas romanas de Vigo. Unha das grandes citas coa arqueoloxía en Vigo é Salinae: un interesante percorrido pola única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano.
Este xacemento arqueolóxico de Vigo, polo seu excelente estado de conservación, permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían sal na superficie das cubetas.
A exposición ofrece, ademais, a posibilidade de descubrir o interesante mundo do sal, a súa historia, algúns dos sistemas empregados para a súa obtención e os diferentes usos que os romanos en Vigo deron a este importante produto.
Se vas en grupo, consulta as visitas guiadas no 986 247 691.
Salinae forma parte, xunto ao xacemento do Castro, ao do Museo do Mar e á Villa Romana de Toralla, dun trazado arqueolóxico moi completo polas orixes de Vigo.
É un centro adaptado a persoas con problemas de mobilidade.
Dirección: R/ Rosalía de Castro, 21
Teléfono: 986 247 691
Web: http://www.museodomar.com/salinae/
Horarios:
Martes a viernes: de 10:00 a 14:00h
Sábado: de11:00 a 14:00 y de 17:00 a 20:00h
Domingo: de 11:00 a 14:00h
Entrada gratuita ata encher aforo.
Máis

Xaneiro 1 (Venres) 00:00 - Decembro 31 (Venres) 23:50
Salinae
Rúa de Rosalía de Castro, 21, 36201 Vigo, Pontevedra