bannerVIALIA
bannerGFFF

26agoTodo o díaRuta de pinchos de TeisGASTRO | 2,00€(Todo o día) Teis

Ruta de pinchos de Teis

Desde o venres 26 de agosto ata o 10 de setembro podemos degustar en Teis as 13 tapas que participan nesta nova edición do concurso de pinchos do barrio. O prezo das tapas é de 2 € e todas as persoas que proben polo menos cinco pinchos diferentes poden botar a súa favorita e entrar nun sorteo de premios.

Os locais que forman parte da ruta son: D’Tapas Teis, Café Bar Pablo, Café Bar A Dorna, D’Tres, Pepito Grilo, Cafetería Bellmar, Café Tapería Sanjurjo, Xuntos, Bar Suso, D’Antonio, Mesón García, A Paulina, A de Charly. Os petiscos poden degustarse de luns a domingo de 20:00 a 22:30 h excepto os días que cada un dos locais peche por descanso.

Cada vez que visitemos un dos bares participantes e probemos a tapa debemos pedir que nos selen a nosa tarxeta, cando teñamos cinco selos podemos botar a nosa favorita e introducir a papeleta nas urnas que se atopan nos propios locais participantes. Coa nosa papeleta entramos nun sorteo de premios que son vales de compra para gastar nos establecementos que pertencen a Asociación de Comerciantes de Teis. Podemos gañar un vale de compra por valor de 100 €, 75 €, 50 € e 25 €. Estes cheques de compra pódense consumir en establecementos asociados en Zona Teis, negocios que van desde salóns de peiteado, supermercados, clínicas, librerías ou tendas situadas no barrio vigués. No reverso do folleto do Roteiro de Petiscos de Teis aparece a listaxe ao completo dos negocios que están asociados.

Máis

Hora

Agosto 26 (Venres)

Localización

Teis

Rúa de Sanjurjo Badía36207 Vigo, Pontevedra

X