Ruta: As casas viguesas de Fernández del Riego

20mai11:00Ruta: As casas viguesas de Fernández del RiegoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00(GMT+02:00) Praza Compostela

Detalles do eventos

Este sábado 20 de maio a revista A Movida organiza unha ruta para celebrar as Letras Galegas. O historiador e colaborador deste medio, Xurxo Martínez González guiaranos nun percorrido polo centro de Vigo no que visitaremos as casas viguesas de Francisco Fernández del Riego.

Francisco Fernández del Riego refuxiouse aquí na posguerra. Vigo converteuse na súa poliédrica casa (onde finou o 26 de novembro de 2010). A pulso gañou a calidade de veciño distinguido. Unha praza e unha pinacoteca co seu nome certifican o enlace coa urbe. Un privilexio pra nós. Visitamos lugares vencellados co elixido polo Día das Letras Galegas.

O percorrido é gratuíto, aquelas persoas que queiran participar só teñen que estar este sábado día 20 ás 11:00 h na Alameda (a altura da estatúa dedicada a Méndez Núñez).

Máis

Hora

(Sábado) 11:00(GMT+02:00)

Localización

Praza Compostela

Praza de Compostela 36201 Vigo Pontevedra

Other Events