REVISTA MAIO

ROTEIRO CARLOS OROZA

25mai12:00ROTEIRO CARLOS OROZAACTIVIDADES PARA O COCO| De balde 12:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

Maio é un mes moi especial para a asociación Évame Oroza, xa que é cando se conmemora o aniversario do nacemento do xenial poeta oral. Os actos de celebración comezaron o día 13 cun recital que coincidiu co día do 101 cumpreanos
de Carlos. Os actos continúan o venres 24 coa presentación dos libros premiados na primeira edición do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza e rematan o sábado 25 percorrido guiado polos espazos do Casco Vello Alto de Vigo que tanto gustaban e inspiraban a Carlos, e que finalizará no local de Évame Oroza.

Venres 24 de maio ás 20:00 h: presentación os libros premiados na primeira edición do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza. Os autores gañadores, Lupe Gómez na modalidade de galego, e Morales Monterríos, na modalidade de castelán, participarán no acto e lerán algúns dos poemas recollidos no seu libro. Un recital aberto ao público, ata encher o aforo.

Sábado 25 de maio ás 12:00 h: roteiro, que terá como punto de saída, a rúa que está na parte de atrás do Museo MARCO, onde estaba ubicada a cafetería Detrás do Marco, na que Carlos pasou moitas horas dos seus últimos anos. Neste punto
falará o presidente da asociación Évame Oroza, Xabier Romero. Continuará a marcha por Príncipe, ata chegar a rúa de Carlos Oroza, onde será Antón Beiras, vicepresidente de Évame Oroza, o que tomará a palabra. Continuaremos avanzando ata a rúa Elduayen, para facer unha parada e escoita recitar a Franchesca d ́A Silva. E tras enchernos da poesía de Oroza, seguiremos avanzando ata o Paseo de Alfonso, outro dos puntos favoritos de Carlos, onde será Antón Patiño, un dos socios fundadores da entidade, e que tomará a palabra. Xa só quedarán dúas paradas máis. A primeira será na editorial Elvira, un punto obrigado, xa que foi aquí onde se publicou toda a súa obra, a pesar de que Carlos non era moi amante do papel. Na editorial, será a quenda de Arantxa Amatriaín, representante da editorial e socia fundadora. Tras este fermoso percorrido, a marcha rematará no local de Évame Oroza onde terá lugar unha lectura de poemas.

Máis

Hora

25 maio, 2024 12:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events