Roteiro Vigo Pesqueiro: A INDUSTRIA CHEGOU POLO MAR. DAS SALINAS Á AXENCIA EUROPEA DE PESCA
Detalles do eventos
A Fundación para la pesca y el marisqueo, Fundamar, organiza un ano máis unhas xornadas Vigo Pesqueiro para amosar á poboación a riqueza do entorno costeiro da nosa
Detalles do eventos
A Fundación para la pesca y el marisqueo, Fundamar, organiza un ano máis unhas xornadas Vigo Pesqueiro para amosar á poboación a riqueza do entorno costeiro da nosa cidade: os faros, os asteleiros, o cable inglés e as praias que configuran o patrimonio marítimo vigués.
O sábdo 1 de agosto, ás 11.00 realizarán o roteiro titulado: De Porto Cultura á praza da Estrela.
Neste caso, os participantes encóntranse na Estación Marítima de Vigo, de onde se dirixirán ao Areal, primeiro barrio industrial de Galicia. En Rosalía de Castro, en Salinae agardará o persoal do centro para facernos unha visita guiada. Descenderemos ata o mundo romano, e a súa industria de salazón e sardiñas en ánfora. Unha vez rematada a visita ás salinas, continuaremos cara a rúa García Barbón, onde, entre os emblemáticos edificios, merece un aparte o Odriozola, por seres a sede da Axencia Europea de Pesca, unha proba máis que converte á nosa cidade en Capital Europea Da Pesca.
Cada actividade ten un custo de 8€, salvo para os menores de 12 anos, que poderán asistir de xeito gratuíto. As persoas que desexen participar, poderán reservar a súa praza a través do enderezo electrónico info@vigopesqueiro.com ou o teléfono 610 312 685. As prazas son limitadas.
Máis
Hora
1 agosto, 2020 11:00(GMT+01:00)
Localización
Estación Marítima
Rúa Cánovas del Castillo, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes