Roteiro Vigo pesqueiro: DE BOUZAS A ALCABRE, O MAR DE VILLALOBOS
Detalles do eventos
A Fundación para la pesca y el marisqueo, Fundamar, organiza un ano máis unhas xornadas Vigo Pesqueiro para amosar á poboación a riqueza do entorno costeiro da nosa
Detalles do eventos
A Fundación para la pesca y el marisqueo, Fundamar, organiza un ano máis unhas xornadas Vigo Pesqueiro para amosar á poboación a riqueza do entorno costeiro da nosa cidade, percorrendo en seis roteiros a lonxa, os faros, os asteleiros, o cable inglés e as praias que configuran o patrimonio marítimo vigués.
Cada actividade ten un custo de 8€, salvo para os menores de 12 anos, que poderán asistir de xeito gratuíto. As persoas que desexen participar, poderán reservar a súa praza a través do enderezo electrónico info@vigopesqueiro.com ou o teléfono 610 312 685. As prazas son limitadas.
- Sábado 11 de xullo: DE BOUZAS A ALCABRE, O MAR DE VILLALOBOS
Esta actividade terá comezo na casa do Patín en Bouzas (Rúa de Eduardo Cabello, 41A) e transcurrirá polo paseo Valentín Paz Andrade ata o Museo do Mar en Alcabre, destacando os elementos de cultura mariñeira e da pesca da Vila de Bouzas, que aínda sabe a sal. Unha vez no Museo, quen o desexe poderá visitar por libre na sala de exposicións temporais a mostra de Nelson Villalobos “Blanquísima su Presencia” que conta con 60 pezas deste artista cubano que mostran a relación Galicia-Cuba-La Habana-Vigo.
- Venres 17 de xullo: A GUÍA: VIXÍA DO MAR. A NOSA ESTRELA NA TERRA
- Sábado 18 de xullo: A INDUSTRIA CHEGOU POLO MAR. DAS SALINAS Á AXENCIA EUROPEA DE PESCA
- Venres 24 de xullo: DE PORTO CULTURA Á PRAZA DA ESTRELA
- Venres 31 de xullo: ORIXES DO MAR. DOS CASTREXOS ATA HOXE.
Máis
Hora
11 xullo, 2020 11:00(GMT+01:00)
Localización
Alameda de Bouzas
Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra
Séguenos nas redes