Portamerica
REVISTA MAIO

Ruta Vigo Galeguista

13mai11:00Ruta Vigo GaleguistaACTIVIDADES PARA O COCO | Desde 7,00 €11:00(GMT+02:00) Praza da Princesa

Detalles do eventos

A cidade coma motor e capital das letras galegas dende os anos 50
Con Alfonso Álvarez

Un percorrido polo centro histórico coñecendo os personaxes e fitos que fixeron da cidade o eixo do anovamento das letras e a cultura galega. Un paseo de dúas horas a pé no que descobriremos un Vigo case descoñecido, o Vigo coma xerme dun sentimento que revitalizou e sacou do esquecemento a nosa cultura.

Na década dos anos cincuenta Galicia asiste a unha explosión cultural cun lugar como epicentro da acción, Vigo. Unha cidade aberta e cosmopolita, gracias ao seu porto, onde coinciden uns homes e mulleres decididos a recuperar e espallar a lingua e cun alicerce intelectual fundamental chamado Francisco Fernández del Riego, don Paco para os máis achegados, que neste 2023 é ademais a figura homenaxeada no día Das Letras Galegas.

Un roteiro no que da mán do bisneto de Xose María Álvarez-Blázquez trataremos o tema do galeguismo en VIgo coincidindo coa celebración e homenaxe a Francisco Fernandez del Riego no día 17. Os roteiros van a ser en galego nestas datas:

  • Sábado 13 ás 11
  • Mércores 17 ás 11
  • Domingo 21 ás 17h

Inscricións na web de Vigo Turístico.

Saída na Praza da Princesa e remate na Alameda ou Praza Compostela.

Duración: 2h

Adultos: 10 €
De 12 a 18 anos: 7 €
Menores de 12: de balde.

Máis

Hora

13 maio, 2023 11:00(GMT+02:00)

Localización

Praza da Princesa

Praza da Princesa, 4, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events