REVISTA MAIO

Roteiro/Manifestación Beiramar Da Xente

16xuñ11:00Roteiro/Manifestación Beiramar Da XenteACTIVIDADES PARA O COCO|De balde 11:00(GMT+02:00) Fabrica Alfageme

Detalles do eventos

Dende as asociacións e colectivos  A. C. As da Industria, A.V.V. Curva de San Gregorio, Asociación de comerciantes Barxa de Buíde, Defensa Parque García Picher, Amigas das Árbores Vigo, Asociación Cultural Vila De Bouzas,  Vigo Baleiro e Newt Crafts, unidas no espazo de #BeiramarDaXente, convocase un roteiro reivindicativo o vindeiro domingo 16 de xuño as 11:00h con saída na factoría Alfageme de bouzas (rúa Tomás A. Alonso 186) e final na praza do auditorio Mar de Vigo (rúa Jacinto Benavente 19).

Nel pasara por algún dos fitos e elementos máis representativos do patrimonio industrial da nosa cidade. Colocaranse placas informativas nalgún dos inmobles máis destacados do percorrido (Alfageme, Cardama, Cerqueira, Barreras, Fribesa, Frigodis…) e contaremos coa presenza de: Amigas das Árbores Vigo, Anxo Vila (A. V. Curva de San Gregorio), David Amoedo (Tranvías Eléctricos de Vigo e As da Industria), Defensa Parque García Picher, Mariña López (Museo da Conserva) e Puri Pérez Leiros (Bouzas olladas salgadas).

Máis

Hora

16 xuño, 2024 11:00(GMT+02:00)

Localización

Fabrica Alfageme

Other Events