VIALIA
bannerPicnicSesions

Roteiro literario 'A praia dos afogados'

31ago19:00Roteiro literario 'A praia dos afogados'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Nigrán

Detalles do eventos

O Concello de Nigrán despedirá o mes de agosto rendendo homenaxe ao ‘seu’ escritor Domingo Villar a través do roteiro literario ‘A praia dos afogados’, novela negra na que o municipio xoga un papel moi destacado. Os interesados deben presentarse o mércores 31 de agosto con roupa e calzado cómodo ás 19:00 horas na Praia da Madorra.

Os asistentes descubrirán e coñecerán os lugares nos que transcorre a trama do libro ‘A Praia dos Afogados’. Por iso se iniciará na Praia da Madorra, onde aparece o corpo sen vida de Xoán Castelo ‘O Rubio’, continuará no porto pesqueiro para coñecer un pouco a vida dos homes do mar, as embarcacións e edificios dos que Villar fai alusión no seu libro, e posteriormente, e tal como fixo Leo Caldas, os asistentes camiñarán ata o Templo Votivo do Mar, desde onde se dirixirán ao lugar onde aparece a barca afundida de Castelo, aos pés do Faro de Punta Lameda.

O obxectivo é recordar a figura do autor vigués a través desta famosa novela negra na que Nigrán xoga un papel moi destacado

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Nigrán

Playa América, Nigrán, Pontevedra Areosa, 2, Nigrán

Other Events