
Detalles do eventos
“Os Camiños de Laxeiro” é a nova proposta coa que a Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega das Artes homenaxean ao creador lalinense, a quen este
Detalles do eventos
“Os Camiños de Laxeiro” é a nova proposta coa que a Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega das Artes homenaxean ao creador lalinense, a quen este 2022 se dedica o Día das Artes Galegas. Rutas guiadas por lugares vinculados á vida e a traxectoria do autor. Serán tres os itinerarios que se celebrarán en maio, o sábado 7 en Lalín, o 21 en Vigo e o día 28 en Pontevedra e estarán guiados polo historiador, arqueólogo e escritor Felipe Senén López Gómez.
As persoas interesadas nestes roteiros, que contan con 25 prazas cada un, poden apuntarse xa no enderezo electrónico
roteiros.cultura@depo.gal. A actividade é gratuíta.
No roteiro do dia 21 coñecerase “O Vigo de Laxeiro”, onde o artista tivo o seu obradoiro de creación máis concorrido na rúa Príncipe, frecuentaba as tabernas tradicionais e faladoiros dos cafés e haberá unha explicación da obra do autor exposta na Fundación Laxeiro. A ruta comezarán ás 11h diante do Museo MARCO e terá un percorrido a pé de dúas horas e media,
Máis
Hora
21 maio, 2022 11:00(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra