Roteiro 8M polas asociacións feministas de Vigo

08marTodo o díaRoteiro 8M polas asociacións feministas de VigoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde(Todo o día: mércores)(GMT+01:00)

Detalles do eventos

Este 8 de marzo varias asociacións feministas de Vigo convídannos a para compartir o día, reivindicar e berrar, construír redes, escoitarnos e acompañarnos, e celebrar a forza que nos une para seguir loitando contra o patriarcado.

Entre varios espazos feministas da cidade organizan un roteiro de actividades:

  • A partir das 13: 00h en A Morada (Rúa Enrique X. Macías, 6) haberá vermú, con micro aberto, e xantar popular a cargo de Outro Conto ( curri de garavanzos 6€ – reservas previas ao 613047626 ata o luns 6 de marzo).

  • Ás 17.00h no local de Mulleres e palabras e SOS Racismo Galicia (Rúa Zaragoza, 3) haberá música feminista e poderemos preparar as nosas mensaxes e cartaces para levar á mani.

  • Dende aí camiñaremos ata a manifestación convocada ás 20:00h desde a Praza dos Cabalos ata a Porta de Sol.

  • Despois da mani remataremos o percorrido no Centro Social A Revolta (Rúa Real, 12) cun karaoke feminista.

Máis

Hora

Todo o día (Mércores)(GMT+01:00)