
febreiro, 2022
Detalles do eventos
Rosalía e Murguía: datos, datas e documentos (1851-1858) é o resultado do traballo da investigadora galega Sagrario Abelleira, quen localizou no Arquivo Histórico Diocesano de Madrid o expediente
Rosalía e Murguía: datos, datas e documentos
Rosalía e Murguía: datos, datas e documentos (1851-1858) é o resultado do traballo da investigadora galega Sagrario Abelleira, quen localizou no Arquivo Histórico Diocesano de Madrid o expediente matrimonial inédito de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, datado de 1858. Este expediente achega nova información descoñecida ata o de agora sobre a vida da parella que é de utilidade para coñecer as súas amizades, a cronoloxía do compromiso de matrimonio, as súas sucesivas residencias e as circunstancias do nacemento de Rosalía. Estas achegas documentais teñen un importante impacto simbólico pola alteración da data de nacemento, pero tamén un impacto fundamental sobre a biografía de Rosalía de Castro, dado que se constata a importancia da súa relación coa nai e cuestiona a súa crianza en Ortoño coa suposta familia paterna.
Intervén: Sagrario Abelleira Méndez (autora)
Presenta: Anxo Angueira (presidente da Fundación Rosalía de Castro)
PLATAFORMA GOOGLE MEET
CÓDIGO PARA UNIRSE: ogd-vtqq-jku
Máis

(Martes) 19:00
Detalles do evento virtual
RUN
O evento xa tivo lugar!