REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

Roliversario

20ago10:0020:00RoliversarioACTIVIDADES PARA O COCO | De balde10:00 - 20:00(GMT+02:00) Asociación do Casco Vello

Detalles do eventos

Galicia Rolera é un servidor bilingüe de rol en Discord. Naceron durante a pandemia e convertéronse nunha comunidade de máis de 550 usuarios con partidas en liña semanais. En agosto cumpren dous anos de actividade e queren celebralo organizando un evento de xogos de rol de mesa presencial na cidade de Vigo.

Que é o Roliversario?
Este é o nome do evento de xogos de rol de portas abertas que celebraremos en Vigo. Tamén será bilingüe (galego e castelán). Contaremos cunha gran variedade de másteres con estilo propio que veñen de todas partes de España, con material cedido polos nosos colaboradores para sortear en cada unha das nosas quendas de mesas e con merchandising para que te leves un recordo a casa.

Nunca xoguei a rol, podo asistir igual?
O evento conta con mesas, sistemas e másteres que acompañasen a calquera persoa que queira iniciarse de maneira sinxela e divertida.

Sistemas ofertados: Áureo: la edad de los Héroes, Avatar Legends: The Roleplaying Game, Black Sword Hack, Changeling 2.ª, Dungeons & Dragons 5.ª, Hard Wired Island, Maegtal, Magical Kitties Save the Day!, Mahō Shojō, Monoespaciados (próximamente en Verkami), Monsterhearts 2, Nuestro último verano, Ratas en las Paredes, Spire, Slayers, Star Wars: La Era de la Rebelión, Symbaroum, The Dee Sanction, Vaesen, Vampiro: La Mascarada 5.ª e Zero Arquetipos.

Información do evento:
Datas: 20 e 21 de agosto.
Horarios: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Lugar: Asociación Casco Vello de Vigo. Cánovas del Castillo, 2.
Límite de idade: 12 anos. Os menores de 18 anos teñen que vir acompañados por un responsable maior de idade.
Número de mesas de rol: 32

Reservas

Máis información

Máis

Hora

(Sábado) 10:00 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación do Casco Vello

Rúa Cánovas del Castillo, 2, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events