REVISTA ABRIL

Rock no Alboio

03dec13:00Rock no AlboioFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 15,00€13:00(GMT+01:00)

Detalles do eventos

O sábado 3 de secembro, na ADEGA LA VAL (A Muguiña, Salvaterra), terá lugar a segunda edición do Rock no Alboio, unha xornada festiva para palatear bo rock and roll e mellor albariño no encantador marco dunha reputada adega do Condado.
O evento terá lugar nas instalacións da Bodegas La Val, en A Muguiña (Salvaterra) e contará ademais coa compañía de outras 5 importantes adegas da zona:
● Pazo Fillaboa
● Pazo Pegullal
● Bodegas Villanueva (Viño Pazo As Barreiras)
● Adega Corisca
● Casa Rural e Bodega María Bargiela
Cada adega disporá dun stand no que servirá e comentará as peculiaridades dos seus Albariños, Condados e Tintos. Representando así esta importante subzona da D.O. Rias Baixas: O Condado.
O prezo por copa será único para todas as adegas: 2€
Cartel de concertos:
● 13.00 h Losto Kinsky
● 16.00 h Bang 74
● 18.00 h Pelazo
Para completar a experiencia os asistentes atoparán oferta gastronómica de proximidade e tamén animación infantil para os cativos, que ademais teñen entrada de balde. As actividades se repartirán entre os xardíns da bodega, a sala central e outros espazos. A realización do evento está garantida mesmo en caso de choiva.

Como novidade este ano ofrecemos tamén a posibilidade de mercar a entrada cun servizo bus desde Vigo a Salvaterra e retorno ao fin da xornada. En definitiva, un pequeno festival para disfrutar dos viños do noso territorio, coñecer aos produtores e as suas propostas, bailar ao son de tres bandas moi divertidas e sentir o terruño do Condado.
Este evento está organizado pola Asociación Viño Activo e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Onde: Adega La Val, en A Muguiña (Salvaterra)
Cando: Sábado 3 de decembro, de 12:00h a 21:00
Entradas: Enterticket
● Prezo : 15€
● Prezo con bus: 25€
○ Cativos: Gratis, salvo que utilicen o autobús: 10 €

Máis

Hora

(Sábado) 13:00(GMT+01:00)