VIALIA
bannerPicnicSesions

Festival Coruxo Móvese: Rober Carcos + Tincho Fernán + Dani Costas

05set18:00Festival Coruxo Móvese: Rober Carcos + Tincho Fernán + Dani CostasFESTIVAIS E FEIRAS| De balde18:00(GMT+02:00) Fragoselo (Coruxo)

Detalles do eventos

O sábado 5 de setembro terá lugar a recollida da camiseta e da bolsa de obsequios para os participantes da carreira nesta edición en liña no campo de fútbol de Fragoselo, seguindo o protocolo de seguridade ao cen por cen.

Rober Carcos é un artista vigués cunha proposta musical baseada nas CANCIÓNS, con maiúsculas, e influencias que van desde internacionais como Tom Petty, Rolling Stones, The Band ou The Black Crowes ata bandas en castelán como Los Rodríguez, Pereza, Ragdog ou Iván Ferreiro.

Dani Costas defínese como un adicto á música marcado polo pop e o rock. Desde moi novo formou parte de grupos cos que tocaba por locais da súa cidade e gravaba maquetas. Adquiriu gran experiencia como cantante e guitarrista grazas a varias orquestras, coas que percorreu toda Galicia.

Tincho Fernán grava o seu primeiro disco en solitario “Por el camino”, producido por Javier Abreu e no que Many Moure xoga un papel fundamental tanto polas súas achegas musicais como polo apoio que presta ao proxecto, ademais de contar coa colaboración de estupendos músicos locais. “Por el camino” preséntase en febreiro do 2013 e desde entón non fai máis que abrir portas á carreira de Tincho : nestes últimos anos tivo a oportunidade de compartir escenario con grupos e músicos uruguaios que pasaron por Vigo como os  “No te va gustar”, “Martín Buscaglia”, “Daniel Drexler”, “Tabaré Cardozo” e “La Chancha”.

Dani Costas ás 18
Tincho Fernán ás 19
Rober Carcos ás 20:30

No campo de fútbol de Fragoselo.

Máis

Hora

(Sábado) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Fragoselo (Coruxo)

Carr. Fragoselo, 171 36330 Vigo, Pontevedra

Other Events