Retapas
23mar(mar 23)11:0028(mar 28)21:00RetapasGASTRO | 2,50€11:00 - 21:00 (28)(GMT+01:00) Casco Vello
Detalles do eventos
A recentemente creada asociación Casco Vello Vigo Hostelería e Comercio, xunto coa Asociación Veciñal do barrio, levan a cabo a IV edición do concurso Retapas, a proba gastronómica na que
Detalles do eventos
A recentemente creada asociación Casco Vello Vigo Hostelería e Comercio, xunto coa Asociación Veciñal do barrio, levan a cabo a IV edición do concurso Retapas, a proba gastronómica na que participan moitos dos locais da zona. En anos anteriores, a proba duraba varias semanas, coincidindo unha delas coa Festa da Reconquista. Este ano o evento será algo máis reducido, cunha duración de seis días: do 23 ao 28 de marzo.
O prezo de cada un dos petiscos será de 2,50€. A batalla entre vigueses e franceses trasladarase ás tapas: os establecementos deberán facer unha proposta de tapa baseada na tradición gastronómica galega ou francesa. Se é galega contará na súa elaboración cando menos cun produto pertencente a algunha das Denominacións de Orixe (D.O.) ou Indicacións Xeográficas Protexidas (I.X.P.) de Galiza. A tapa francesa poderá incluir tamén produto galego.
Ademais de sólidos, este ano tamén entran a concurso líquidos, concretamente cócteles e aperitivos dirixido aos locais que non conten con cociña ou prefiran adscribirse a esta modalidade. As propostas de coctelería deberán ser ben de orixe galega, ben de orixe francesa. Estes poderán ser consumidos nos locais ata as 21:00, mentres que as tapas dependerán do horario das cociñas de cada un dos establecementos. Aínda coas bases sen pechar, en rolda de prensa adiantaron que haberá un concurso ben sinxelo: só terás que sacar unha foto a un dos petiscos no local, etiquetar a @cascovellovigo en Instagram e entrarás no sorteo dunha serie de descontos nos locais adheridos á asociación.
Fiz Axeitos, da Asociación Veciñal Casco Vello, confirmou o que xa anunciaran hai meses: a festa da Reconquista non vai ser celebrada. Iso si, tentarán realizar algunha pequena actividade ou evento, que darán a coñecer nos próximos días. Desde a asociación Casco Vello Vigo Hostelería e Comercio aseguran que o Retapas é o primeiro evento dos moitos que pretender organizar de aquí en diante.
Os 21 locais que participan no certame e as súas propostas son:
- A Curuxa: Casamento sen fundamento
- A Lareira: Mononas / Monunas
- Baiuca: Bacallao Baiuca
- Bar Princesa: Aperitivo Cachas
- Cervexaría Nós: Mini burger Nós
- Dionisio Bistro Bar: Chèrie
- La Central: Chalot e Cachamuíña
- La Comidilla: Boca Negra
- La Consentida: Re-Consentida
- La Contenta: Gofre Poulet
- La Pintxoteca: Pulpipan
- La Pintxoteca del mar: Nigiri de mexilón
- La Quesería: Tosta de lacón con grelos e tetilla
- La Sidrería Pintxoteca: El gran rabo chino
- Lume de Carozo: Pepe Xeito
- Paparrúa: Piton de la Fournaise / Pomme
- Papaxoubas: Cocktail St. Germain
- Taberna A Mina: Coq pasa pra casa / E ti, Napoleón, tamén
- TerraBowls: Terra Saint Michel
- Vaiche Boa: Filloa Borracha
- Valdevez: Milhojas pul-pil
Máis
Hora
23 marzo, 2021 11:00 - 28 marzo, 2021 21:00(GMT+01:00)
Localización
Casco Vello
Casco Vello, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes