REVISTA ABRIL

Retapas

23mar(mar 23)11:0028(mar 28)21:00RetapasGASTRO | 2,50€11:00 - 21:00 (28)(GMT+01:00) Casco Vello

Detalles do eventos

A recentemente creada asociación Casco Vello Vigo Hostelería e Comercio, xunto coa Asociación Veciñal do barrio, levan a cabo a IV edición do concurso Retapas, a proba gastronómica na que participan moitos dos locais da zona. En anos anteriores, a proba duraba varias semanas, coincidindo unha delas coa Festa da Reconquista. Este ano o evento será algo máis reducido, cunha duración de seis días: do 23 ao 28 de marzo. 

O prezo de cada un dos petiscos será de 2,50€. A batalla entre vigueses e franceses trasladarase ás tapas: os establecementos deberán facer unha proposta de tapa baseada na tradición gastronómica galega ou francesa. Se é galega contará na súa elaboración cando menos cun produto pertencente a algunha das Denominacións de Orixe (D.O.) ou Indicacións Xeográficas Protexidas (I.X.P.) de Galiza. A tapa francesa poderá incluir tamén produto galego.

Ademais de sólidos, este ano tamén entran a concurso líquidos, concretamente cócteles e aperitivos dirixido aos locais que non conten con cociña ou prefiran adscribirse a esta modalidade. As propostas de coctelería deberán ser ben de orixe galega, ben de orixe francesa. Estes poderán ser consumidos nos locais ata as 21:00, mentres que as tapas dependerán do horario das cociñas de cada un dos establecementos. Aínda coas bases sen pechar, en rolda de prensa adiantaron que haberá un concurso ben sinxelo: só terás que sacar unha foto a un dos petiscos no local, etiquetar a @cascovellovigo en Instagram e entrarás no sorteo dunha serie de descontos nos locais adheridos á asociación.

Fiz Axeitos, da Asociación Veciñal Casco Vello, confirmou o que xa anunciaran hai meses: a festa da Reconquista non vai ser celebrada. Iso si, tentarán realizar algunha pequena actividade ou evento, que darán a coñecer nos próximos días. Desde a asociación Casco Vello Vigo Hostelería e Comercio aseguran que o Retapas é o primeiro evento dos moitos que pretender organizar de aquí en diante.

Os 21 locais que participan no certame e as súas propostas son:

  • A Curuxa: Casamento sen fundamento
  • A Lareira: Mononas / Monunas
  • Baiuca: Bacallao Baiuca
  • Bar Princesa: Aperitivo Cachas
  • Cervexaría Nós: Mini burger Nós
  • Dionisio Bistro Bar: Chèrie
  • La Central: Chalot e Cachamuíña
  • La Comidilla: Boca Negra
  • La Consentida: Re-Consentida
  • La Contenta: Gofre Poulet
  • La Pintxoteca: Pulpipan
  • La Pintxoteca del mar: Nigiri de mexilón
  • La Quesería: Tosta de lacón con grelos e tetilla
  • La Sidrería Pintxoteca: El gran rabo chino
  • Lume de Carozo: Pepe Xeito
  • Paparrúa: Piton de la Fournaise / Pomme
  • Papaxoubas: Cocktail St. Germain
  • Taberna A Mina: Coq pasa pra casa / E ti, Napoleón, tamén
  • TerraBowls: Terra Saint Michel
  • Vaiche Boa: Filloa Borracha
  • Valdevez: Milhojas pul-pil

Máis

Hora

23 (Martes) 11:00 - 28 (Domingo) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Casco Vello

Casco Vello, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events